![]()
O CNTG informa que o vindeiro xoves 6 de maio, en horario de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar na sede do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.
A xornada tratará de achegar aos asistentes a potencialidade do software libre e a capacidade das súas ferramentas. O evento estrutúrase en tres módulos diferenciados nos que, o primeiro deles, fará fincapé en aspectos relacionados coa legalidade (licenzas) e modelos de negocio asociados ao SwL, para, a seguir centrarse en contidos relacionados co desenvolvemento e a administración de sistemas nos módulos segundo e terceiro respectivamente.
O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática.
Os relatores son persoas de recoñecido prestixio na comunidade galega de software libre e ben coñecidos por todos nós:
O acceso á xornada é de balde e condicionado ao aforo do local.
É preciso, como sempre, realizar unha inscrición previa para o que primeiro hai que rexistrarse na web do CNTG, e logo inscribirse dende a ficha da xornada na sección acontecementos.
O prazo de inscrición rematará o mércores día 5 de maio.
Fonte: CNTG