RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Xoga e aprende con Omnitux

Publicado por Mancomún
Xoves, 26 de Novembro de 2009

OmnituxOmnitux é un aplicativo para os máis pequenos da casa, que está deseñado para que se entreteñan ao mesmo tempo que aprenden. Axuda aos rapaces a razoar, asociar elementos, etc a partir de ficheiros multimedia, como poden ser imaxes, sons, texto.

En Omnitux hai diferentes tipos de actividades, como asociacións, operacións matemáticas, crebacabezas, o clásico xogo de memorizar cartas, xogos de diferencias etc.

As características máis salientábeis deste aplicativo son:

  • As actividades están creadas en ficheiros XML, polo que é bastante sinxelo modificalas ou crear unhas novas
  • Compatibilidade de alta resolución para imaxes JPG, PNG e SVG
  • Usa a pantalla completa, o que asegura unha boa visibilidade aínda en pantallas pequenas
  • Dispoñíbel para GNU/Linux e Windows
  • Licenza GPL
  • É multilingüe

Pódese instalar dende un paquete DEB premendo nesta ligazón. Unha vez instalado pódese atopar en Aplicacións > Xogos > Omnitux


Fonte: ubuntips.com.ar

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas