O pasado 30 de xuño, Sun Microsystems publicou VirtualBox 3.0.0, unha actualización maior que presenta novidades importantes, como a capacidade para SMP (multiprocesamento simétrico), ou melloras nas capacidades 3D.
Vendo a lista de cambios desta versión, poderiamos destacar:
Ademais, arranxáronse ou engadíronse unha serie de características. Por exemplo:
E moitas outras melloras, que se poden ver completas no rexistro de cambios desta versión.
VirtualBox é un produto de virtualización de arquitecturas x86 de propósito xeral. Ademais de contar con moitas características, e cun alto rendemento, VirtualBox é única solución profesional que está dispoñíbel libremente baixo os termos da GPL.
Actualmente, VirtualBox funciona en Linux, Windows, Mac e OpenSolaris, e é quen de virtualizar múltiplos sistemas operativos, como Windows (NT 4.0, 2000, XP, Server 2003, Vista, Windows 7), DOS, Linux (ramas 2.4 e 2.6), Solaris, OpenSolaris, OpenBSD ...
Fonte: Nova en BarraPunto