Un ano máis, a asociación Inestable de Ordes organiza as Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes que nesta ano fan a súa oitava edición. Estas xornadas consisten en dous días de obradoiros e relatorios sobre diversos aspectos do sistema operativo GNU/Linux e do software libre en xeral, a través dos cales os membros desta asociación queren achegar ao público asistente os beneficios de empregar dito software.
Desta volta as xornadas terán lugar os días 21 e 22 de abril de 10:00 a 19:30 horas, e como principal novidade contarán cun pequeno concurso chamado PKI do que informarán ao longo desta semana, tanto no que se refire ao formato do concurso como ao premio que recibirá o gañador do mesmo.
A asistencia as xornadas é gratuíta.
O programa é o seguinte:
Xoves 21
Venres 22
Esta actividade forma parte das actividades que Inestable desenvolve ao abeiro do Convenio de Colaboración das AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído dentro do Plan de Acción FLOSS 2011.