A Asociación Comunidade O Zulo en colaboración co Concello de Mugardos, organiza por sétimo ano consecutivo unha nova edición das Xornadas de Software Libre Concello de Mugardos , que terán lugar o vindeiro 26 de xuño de 2010 no salón de plenos do concello.
De xeito anecdótico, estas son as primeiras xornadas que a Comunidade o Zulo organiza dende que se constituíu oficialmente como asociación sen ánimo de lucro.
O programa do encontro é moi completo e conta coa participación de membros doutras asociacións galegas de usuarios de software libre:
Programa das Xornadas
Mañá
Tarde
As xornadas, como todos os anos, son abertas e gratuítas, polo que calquera persoa interesada poderá achegarse ás mesmas.
Asociación Comunidade o Zulo
O pasado día 20 de febreiro de 2010, reuníronse en Mugardos en asemblea constituínte, os membros da Comunidade O Zulo: Alberto Permuy Leal, Pablo Robatto Rañales, Evaristo Deus Deus, Carolina Montero Garcia e Manuel Permuy Toimil, coa intención de:
Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ó abeiro da vixente Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, denominada asociación «Comunidade O Zulo», que desenvolverá preferentemente as súas actividades no ámbito autonómico
Ademais consensuáronse e aprobáronse por unanimidade os estatutos polos que se rexerá a asociación e nomeouse a directiva da asociación.
Fonte: Asociación Comunidade O Zulo