A asociación Inestable.org anuncia que os vindeiros días 1 e 2 de abril de 2010 terán lugar as VII xornadas de GNU/Linux de Ordes.
Este ano o lugar onde terá lugar a celebración destas xornadas será o local social da asociación na Casa de Cultura de Ordes, habilitado grazas á inestimable colaboración do Concello de Ordes.
Ademais dun completo programa de relatorios, durante a celebración destas xornadas farase tamén unha demostración da vertente máis lúdica do software libre poñendo a disposición de todos os presentes dúas plataformas de baile e micrófono, para poder desfrutar dos xogos:
O programa completo das xornadas será o seguinte:
A entrada a estas xornadas é completamente libre e non se precisa inscrición.
Fonte: Inestable.org