RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Ubuntuwin TV permíteche ver a televisión en liña

Publicado por Mancomún
Venres, 30 de Outubro de 2009

Ubuntuwin TVSe Streamtuner era unha boa alternativa para escoitar emisoras de radio en liña, Ubuntuwin TV tamén o é e ademais tamén nos permite ver a televisión en liña.

Ubuntuwin TV trae de xeito predeterminado na súa configuración canles de varios países. A característica máis sobranceira é que permítenos engadir novas fontes de transmisión, e incluso suxerir novas canles para que aparezan no REPID (Repository ID) do repositorio de fluxos de Ubuntuwin TV e unha vez engadidos actualizalos dende o mesmo aplicativo.

Ubuntuwin TV ten de xeito predeterminado VLC como reprodutor, aínda que dende o seu menú de configuración podemos escoller outra opción como Mplayer, Toten ou Kaffeine.

Podemos descargar a versión para Ubuntu 9.04 nesta ligazón, ou para a nova Ubuntu 9.10 nesta outra.

Fonte: ubuntips.com.ar

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas