RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Ubuntu libera o seu aplicativo de autenticación single sign-on

Publicado por Mancomún
Martes, 27 de Abril de 2010

Canonical vén de publicar o seu software de autenticación single sign-on como un proxecto de código aberto, concretamente baixo o nome de Canonical Identity Provider e cunha licenza AGPL3.

É coñecido por todos que Ubuntu emprega Launchpad  como aplicativo de xestión de proxectos para o control das publicacións do seu software, que xa foi publicado a mediados do ano pasado como código aberto, mais o código que implementaba os procesos de autenticación permanecera pechado. 

Esta liberación prodúcese apenas uns días antes da publicación da esperada versión LTS Ubuntu 10.04 “Lucid Lynx”.

No anuncio, o xerente da comunidade de Ubuntu, Jono Bacon, dixo que dende que abriran Launchpad veran “florecer unha maravillosa e excitante comunidade de desenvolvemento en torno a el”. No seu blog escribiu “Grazas a Stuart Metcalfe que estivo coordinando o traballo técnico para o liceciamento para sermos quen de contribuír a este cambio.”

O proxecto Canonical Identity Systems está dispoñible en: https://launchpad.net/canonical-identity.

Fonte: Computerworld

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas