TestDisk é un software de código aberto con licenza GPL, que permite a recuperación de datos. Foi principalmente desenvolvido para axudar a recuperar particións perdidas e poder volver os discos arrancábeis ou non arrancábeis novamente cando estes síntomas son provocados por software con fallas, certos tipos de virus ou un erro humano (como borrar accidentalmente a súa táboa de particións). Pódese recuperar a táboa de particións moi facilmente empregando TestDisk.
Testdisk ten características para expertos e principiantes. Para persoas que non saben nada sobre as técnicas de recuperación de datos, TestDisk pódese empregar para compilar información detallada sobre un disco que non arranca, para despois pode ser enviada a un técnico para maior análise. Aqueles máis familiarizados coas técnicas de recuperación de datos, poden atopar no TestDisk unha ferramenta útil para realizar recuperación de datos.
As principais prestacións do TestDisk son:
Arranxar a táboa de particións, recuperar as particións eliminadas
Recuperar sectores de arranque FAT32 da súa copia de seguranza
Reconstruír sectores de arranque FAT12/FAT16/FAT32
Arranxar táboas de arranque de tipo FAT
Reconstruír sectores de arranque NTFS
Recuperar sectores de arranque NTFS da súa copia de seguranza
Arranxar a MFT empregando a MFT mirror
Localizar o Superblock de copia de respaldo de ext2/ext3