RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Span-Gles, un traductor libre

Publicado por Mancomún
Xoves, 3 de Decembro de 2009

Span-GlesOs usuarios de GNU/Linux que precisen traducir de inglés a español e viceversa poden gozar dunha alternativa libre aos múltiples aplicativos de tradución privativos, con Span-Gles. Este aplicativo, que vai xa pola súa versión 1.2, permite traducir frases enteiras en liña ou palabras soltas, grazas ao dicionario incorporado que trae.

Span-Gles ten a capacidade de aprender novas palabras e tamén pode atopar o feminino e o plural do termo que se desexe traducir. Pero sen dúbida o que realmente destaca neste aplicativo é o se sinxelo uso, xa que só con escribir ou copiar a palabra ou frase a traducir na caixa que aparece na parte inferior do aplicativo, e o resultado da tradución verase nunha caixa que hai na parte superior.

Conta cun botón central que permite elixir o idioma de entrada, e outro a esquerda que da a opción de elixir entre o dicionario que trae incorporado ou o Google translator.

Span-Gles está programado usando Python e GTK, enfocado principalmente para ser usado no contorno de escritorio Gnome. Está baixo a licenza GPL.

Este aplicativo pódese instalar en Ubuntu co seguinte paquete deb:

span-gles_1.2.deb

Fonte: ubuntips.com.ar

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas