A plataforma SourceForge.net mantén aberto ata o vindeiro 20 de xullo o período de votacións para os proxectos finalistas do premio Community Choice Awards 2009, que celebra anualmente SourceForge.net. Nesta fase os membros da comunidade de software libre poderán escoller os mellores proxectos do mundo entre un total de 85 aplicativos repartidos en 12 categorías.
Como xa anunciara anteriormente Mancomún, a edición deste ano incorpora novas categorías ás que concorreron sobre 47.000 proxectos.
Sourceforge.net é un dos directorios con maior cantidade de software libre dispoñíbel en rede, cun volume de case 184.000 proxectos libres para descarga en calquera momento e sen custo ningún. Os premios Community Choice Awards están patrocinados por empresas como Microsoft, Mozilla, A Fundación Linux...
Para votar os mellores proxectos só hai que acceder á seguinte ligazón: SourceForge.net Community Choice Awards 2009 e votalos na/s categoría/s desexadas. As categorías e os proxectos son:
Finalistas: TortoiseSVN, Firebird, Audacity, KeePass Password Safe, ReactOS, PortableApps.com: Portable Software/USB, XAMPP, XBMC Media Center, FreeNAS, symfony.
Finalistas: symfony, Sphinx, Firebird, Elastix, vtiger CRM, OpenNMS, TWiki – Enterprise Collaboration Platform, Popfax Printer, TYPO3, OrangeHRM – Human Resource Management.
Finalistas: Nexuiz, Simutrans, DeSmuME, Mumble, Construct, AssaultCube, ScummVM, Privateer Gemini Gold, Rigs of Rods, EQDKP Plus.
Finalistas: Kaltura – open source video, rtmpdump, LiVES, Subsonic Media Streamer, XBMC Media Center, MediaCoder, PortableApps.com: Portable Software/USB, MediaPortal, SFML (Simple and Fast Multimedia Library), Audacity.
Finalistas: Kusaba X, eeebuntu, C++dbc, GoldenDict, eViacam, luckyBackup, Choqok, Cyn.in, RippleSearch, FLOW3.
Finalistas: ISPConfig Hosting Control Panel, Webmin, Nagios, Clam AntiVirus, PortableApps.com: Portable Software/USB, Open Computers and Software Inventory, KeePass Password Safe, XAMPP, Sphinx, phpMyAdmin.
Finalistas: phpMyAdmin, symfony, PortableApps.com: Portable Software/USB, TortoiseSVN, Joomla Security Scanner, WinMerge, XAMPP, ZK – Simply Ajax and Mobile, Notepad++, Lazarus.
Finalistas: TurboCASH Accounting, KnowledgeTree Document Management, Cyn.in, MindTouch Deki (frmly deki wiki): Collaboration, PortableApps.com: Portable Software/USB, Funambol, Dolphin – Smart Community Builder, Pentaho – Business Intelligence, ProcessMaker Open Source, XMind.
Finalistas: XMind, Kile KDE LaTeX Editor, FOG – A Free Cloning Solution, GoldenDict, GeoGebra, EQAlign, MARSYAS, InrecoLAN FuzzyMath, Avogadro, matplotlib.
Finalistas: Medical, Beehive Forum, XMind, PortableApps.com: Portable Software/USB, CSI TriSano, ReactOS, Sahana disaster management system, Firebird, OpenOffice.org, AgepaBase.
Finalistas: winPenPack, Org-Mode, XBMC Media Center, FreeMind, KeePass Password Safe, RepRap, Lancelot, FreeNAS, PortableApps.com: Portable Software/USB, ReactOS.
Finalistas: XBMC Media Center, Mac4Lin, PortableApps.com: Portable Software/USB, Lancelot, qooxdoo, XMind, ZK – Simply Ajax and Mobile, Cyn.in, Beehive Forum, ProcessMaker Open Source.
Premios Fin de Carreira Sun Microsystems
O pasado mes de maio, coincidindo co acto de entrega dos premios da I Edición, tamén a compañía Sun Microsystems anunciou a convocatoria da II Edición Nacional dos Premios Proxectos Fin de Carreira Sun Microsystems 2009.
As bases da convocatoria poden ser consultadas en http://es.sun.com/sunnews/rsc/premios.jsp , e como novidade destacábel sinálase que os traballos dos aspirantes deberán ser desenvolvementos de aplicativos ou utilidades baseados en tecnoloxías de código aberto sobre algunha das plataformas potenciadas por Sun Microsystems, a saber: OpenSolaris, Java, JavaFX, xVM VirtualBox, GlassFish, NetBeans, OpenJDK, OpenOffice.org, OpenSPARC, e MySQL ou estar relacionados con arquitectura de redes e sistemas baseados nas devanditas plataformas.
Esta convocatoria, ademais de galardoar os alumnos autores dos proxectos de fin de carreira (PFC), ten como peculiaridade que premia igualmente o labor dos docentes directores dos mencionados proxectos, destinando un total de 24.000 € en premios repartidos nos tres primeiros postos. O xurado está composto por 2 representantes de Sun e 3 representantes de comunidades de software libre e outros organismos tecnolóxicos dos ámbito público e privado.
Fontes: SourceForge.net Community Choice Awards e Universidad de Alicante