RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Solucionado oficialmente por Mozilla o erro que afectaba ao Thunderbird 3.0 en galego

Publicado por Mancomún
Luns, 12 de Abril de 2010

Logo de Thunderbird 3.0 Hai un tempo informámosvos dunha solución temporal para o erro debido ao cal non era posible traballar co Thunderbird 3.0 en galego empregando contas de correo IMAP. Segundo comentamos no seu día, a solución do paquete de idioma fornecido era temporal ata que non se integrase oficialmente a solución no repositorio de Mozilla.

Hoxe informámosvos de que dende o pasado día 30 de marzo, coa publicación da actualización de Thunderbird 3.0.4, o problema xa está oficialmente arranxado como se pode ver no seguinte fío de erros de Mozilla.

A solución integrada, proposta polos desenvolvedores de Mozilla, mellora técnicamente á proposta provisionalmente e tamén se integrou na suite Seamonkey. O cambio realizado non só corrixe o erro, senón que inclúe notas para os tradutores para axudar a que outras comunidades de tradución poidan repetir erros como o cometido no futuro.

Fonte: Mozilla

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas