RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Salva o planeta realizando operacións matemáticas con Tuxmath

Publicado por Mancomún
Mércores, 16 de Decembro de 2009

TuxmathTux, of Math Command, tamén coñecido como TuxMath, é un entretido xogo educativo dirixido aos máis novos da casa (ou non tan novos) no que o obxectivo é resolver cálculos matemáticos.

O pingüín Tux é a única esperanza para salvar a catro cidades dunha choiva de meteoritos. Dende unha mesa de control deberá realizar “complexos” cálculos astronómicos para destruír a cada meteorito.

A axilidade mental realizando restas, sumas, multiplicacións e divisións, así como a velocidade para inserir o resultado e disparar serán as claves para conseguir salvar o planeta.

 

Este xogo foi desenvolvido por Tux4Kids, o cal é coñecido polo seu software de alta calidade dirixido aos nenos, co obxectivo de combinar a diversión e o aprendizaxe. TuxMath é totalmente libre, xa que conta cunha licenza GPL o que permitiu entre outras cousas que estea dispoñíbel en ducias de idiomas. Tamén cabe destacar que funciona nas principais plataformas, como son Linux, Macintosh e Windows.

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas