A asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes, inestable.org, anuncia na súa web que dentro do seu plan de traballo deste ano 2010, na sección de charlas e conferencias nos Centros Educativos da comarca de Ordes, impartirán, durante este mes de Marzo, 4 novos relatorios de introdución ao software libre no IES de Oroso.
As charlas impartiranse a 2 grupos de rapaces de 3º de ESO os mércores 10 e 17 de marzo.