RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Publicado o sistema operativo MeeGo 1.0 para ultraportátiles

Publicado por Mancomún
Xoves, 27 de Maio de 2010

Esta semana publicouse a primeira versión do proxecto MeeGo. Trátase dun sistema operativo lixeiro de fontes abertas, baseado en Linux, para dispositivos portátiles, como teléfonos, ultraportátiles, tablets ... Xurdiu da integración nun único produto de Moblin (o sistema da Linux Foundation e Intel) e de Maemo (o sistema de Nokia). A idea do proxecto é servir de alternativa fronte aos sistemas operativos de Google para móbiles: Android e para outros dispositivos: Google Chrome OS.

Interface de MeeGo Esta versión MeeGo 1.0 do proxecto inclúe a liberación dunha versión para netbooks, que proporciona aos usuarios unha moi boa experiencia de uso e do núcleo da plataforma para os desenvolvedores que inclúe unha base estable para o desenvolvemento de aplicativos. A versión do sistema MeeGo para dispositivos móbiles e teléfonos postergouse a mes de xuño.

 

Segundo se pode ler no anuncio, teñen previsto manter un ciclo de publicacións semestral, polo que a seguinte versión 1.1 espérase para Outubro e para entón xa poderá empregarse tamén en dispositivos táctiles como teléfonos, tablets, sistemas de información de automóbiles e de entretemento...

Os desenvolvedores que queiran crear aplicativos para este sistema xa poden facelo grazas á API de desenvolvemento para MeeGo, que inclúe Qt 4.6, e o SDK cun contorno de desenvolvemento integrado así como outras ferramentas para o sistema operativo. Polo momento, céntrase soamente nos Netbooks aínda que a seguinte versión, prevista para xuño, tamén servirá para dispositivos táctiles.

Características do MeeGo Netbook v1.0

  • Experiencia visual moi boa, baseándose nas últimas tecnoloxías de código aberto.
  • Acceso instantáneo e sincronizado ao calendario, tarefas, citas, ficheiros usados recentemente e actualizacións de redes sociais en tempo real a través da pantalla de inicio.
  • Agregación do contido das redes sociais nunha única pantalla, facilitando deste xeito o proceso de interactuar cos amigos, actualizar o estado e a información nas distintas redes sociais.
  • Integración do navegador Google Chrome ou Chromium para os que prefiran a solución de código aberto. (Na futura versión para teléfonos incluirase o navegador Fennec de Mozilla).
  • Aplicativos sinxelos para o correo, o calendario e o reprodutor multimedia.
  • Xestión de enerxía e rendemento altamente optimizados.
  • Dispoñible en múltiples idiomas: xaponés, coreano, chino simplificado, chino tradicional, sueco, polaco, finlandés, italiano, portugués brasileiro, francés, alemán, español, ruso, neerlandés, Inglés e Inglés británico.

 

Pódense consultar todos os detalles da versión Netbook na web do proxecto.

Está dispoñible para descargar dende MeeGo v1.0 para Netbooks para ultraportátiles baseados en Intel Atom. É recomendable consultar a lista do hardware compatible así como as instrucións a seguir para a súa instalación.

 

Os desenvolvedores de MeeGo instan a que se lles envíen comentarios sobre o sistema empregando ou as listas de correo ou os foros e enviar os erros a través de http://bugs.meego.com . Segundo afirman están convencidos de que o mellor xeito de mellorar e achegarse ás necesidades reais dos usuarios é a través das súas achegas.

 

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas