Knoppix é unha compilación de software GNU/Linux, que se executa completamente dende un CD, DVD ou disco flash. Detecta automaticamente un amplo rango de tarxetas gráficas, de son, dispositivos USB e outros periféricos. Knoppix pode empregarse como unha demostración de GNU/Linux, para cursos de adestramento, como sistema de rescate, ou como plataforma para demostracións de produtos de software comercial. Non se necesita instalar nada nun disco ríxido. Grazas ao seu sistema transparente de descompresión, pódense incluír ata 2 gigabytes de aplicativos executábeis nun CD, e ata 10 gigabytes nun DVD de simple capa.
Software incluído
Dependendo da nosa elección (CD ou DVD), teremos instalada unha gran variedade de software dos repositorios de Debian. A versión do CD contén, cando menos:
Recentemente publicouse a nova versión 6.2 desta veterana distribución. Esta versión, seguindo o rumbo marcado na serie 6.x, conta cos seguintes compoñentes:
Microknoppix
Microknoppix é unha reescritura completa do sistema de arranque de Knoppix dende a versión 6.0 e superiores, que conta coas seguintes características:
Esta versión 6.2 está actualizada completamente desde Debian Lenny, Testing e Inestable. Emprégase o núcleo 2.6.31, e o servidor X xorg 7.4.
ADRIANE
ADRIANE é un sistema de menú parlante, que se espera que faga máis sinxelo o traballo e o acceso a internet aos principiantes con computadores, mesmo se non teñen contacto co monitor do computador. Outra opción é un contorno gráfico, tamén con aplicativos parlantes e ampliación a vontade empregando compiz-fusion.