Dende GPUL anuncian que, retomando o espírito das xa consolidadas «Xornadas de Audio e Gráficos con SL» (tres edicións), están a organizar as novas «Xornadas Multimedia con SL» que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña os días 12 e 13 de xullo de 2011.
Con este anuncio fan un chamamento á participación nas mesmas, convidando a todos os interesados en temas multimedia en xeral a participar activamente nas xornadas, enviando unha proposta de charla ou obradoiro e, por suposto, a asistir ás xornadas.
Aqueles interesados en propoñer un relatorio ou obradoiro deberán facelo atendendo as seguintes instrucións.
Requisitos de presentación
Envío de propostas
Para obter máis información pódese contactar coa organización a través do enderezo xm@gpul.org.