Acaba de liberarse a última versión da alternativa libre a Sing Star, Performuous 0.4. Está nova versión supón un gran avance, xa que conta con melloras moi significativas respecto ás versión anteriores.
As principais novidades son:
Para guitarra, baixo e batería:
Utilización das cancións en Frets on Fire / formato fofix
Todos os temas (incluíndo as voces) son compatíbeis
Detección automática de calquera conexión de instrumentos de Guitar Hero e Rock Band
Compatibilidade para usar un teclado como controlador de guitarra (estilo de fluxo de fondos)
Mellorada a compatibilidade hammer-on/pull-off respecto a outros xogos
O motor trata de achar a intención do xogador en lugar de escoller os acordes máis próximos
Modo multixogador para tantos xogadores como instrumentos existan
Visualización completa en 3D
En xeral:
Comentarios textuais para os cantantes despois de cada liña
Tenta achar o fondo, a imaxe da portada do disco e os vídeos polos nomes de ficheiro (se non están especificados nos ficheiros das cancións)
Gráficos SVG
Os cambios importantes nas partes internas, incluíndo un mesturador de son completamente novo,
Sempre se empregue a resolución de escritorio para o modo de pantalla completa (en lugar de modo de conmutación)
Moitos erros menores corrixidos.
Performous foi coñecido anteriormente como UltraStarNG e comezou simplemente imitando ao Sing Star, deu un xiro significativo ata converterse no que é hoxe. Sing Star e Performous defiren agora bastante en termos de funcionalidades, como por exemplo, o percorrido das notas musicais e mailos precisos picos de canto. Como tamén unha onda debuxada na pantalla como engadido ás letras. Isto permite cantar sen interrupcións e corrixir doadamente os puntos de canto con total precisión.
Fonte: linuxjuegos.com