RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

OSLUSC percorrerá as facultades da universidade compostelá cos Puntos de Información nas Facultad

Publicado por Mancomún
Martes, 31 de Marzo de 2009

USCA Oficina de Software Libre da USC comeza mañá, 1 de abril, un periplo polas facultades da universidade compostelá cos Puntos de Información en Facultades (PIFs), unha idea proposta pola Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña e adoptada pola OSL da USC e coa que percorrerán, durante o que queda de cuadrimestre, os centros do Campus Norte e Sur da Universidade de Compostela.

 

Nestes Puntos de Información distribuiranse copias de Ubuntu, Galinux e a personalización da distribución de GNU/Linux Ubuntu USC 1.0 "Troia", que está a ser empregada actualmente no plano piloto de implantación de GNU/Linux na Facultade de Ciencias da Educación. Tamén se distribuirán 5000 folletos informativos sobre Boas prácticas na informática, estándares, licenzas e copyleft, sobre a Ubuntu-USC e sobre a propia Oficina.

Informarase sobre as vantaxes do software libre e do GNU/Linux a estudantes, profesores, PAS e ao público en xeral. Asemade, ofrecerase axuda aos que decidan tentar unha instalación de calquera dos aplicativos e sistemas operativos ofertados.

 

O ciclo comezará na mentada Facultade de Ciencias da Educación a presente semana (do 1 ao 3 de abril), e proseguirá á volta da Semana Santa (a partir do 13 de abril) na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, para seguir nas semanas vindeiras no resto das facultades e escolas da universidade. Dende a web da OSL irase informando debidamente do calendario a medida que se concrete.

A maiores, o persoal da OSLUSC pon a disposición de todo a aquel que o desexe o material gráfico xerado para a iniciativa. Este material pode ser empregado baixo dos termos das licenzas Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 ou GNU Free Documentation License, coa excepción lóxica dos logotipos da Universidade de Compostela e dos aplicativos que teñan dereitos reservados sobre el.

Fonte: OSLUSC

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas