Oferta de emprego para Tagen Ata
Publicado por Mancomún
Martes, 24 de Marzo de 2009
A empresa Tagen Ata precisa contratar unha persoa con coñecementos de programación en Python para o desenvolvemento e mellora dun software de localización en código libre.
O traballo consistirá principalmente en desenvolver e completar o roadmap do aplicativo WordForge .
Requirimentos:
- Coñecementos de programación en linguaxe Python.
- Interese no desenvolvemento de aplicativos no ámbito do software libre.
- Motivación na elaboración de aplicativos de localización en código aberto.
- Capacidade de traballo en grupo e multidisciplinar (lingua, informática...)
- Titulación superior (enxeñería técnica en informática, licenciatura...)
Ofrécese:
- Contrato laboral segundo convenio durante 9 meses.
- Xornada laboral completa.
As persoas interesadas deben contactar con Xabier en tagenata dot com.