RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Oferta de emprego para Igalia

Publicado por Mancomún
Mércores, 30 de Setembro de 2009

IgaliaIgalia, acaba de abrir un proceso de selección para o seu departamento de sistemas. Trátase dunha praza cos seguintes requisitos mínimos:

 

  • Titulación relacionada coa Enxeñaría do Software e Ciencias da Computación.
  • Coñecementos de Unix/linux – Ubuntu, Debian e RH ES, etc
  • Coñecementos de servizos estándar de rede, seguridade TCP/IP, incluíndo HTTP, FTP, correo electrónico e DNS.
  • Coñecementos básicos de IPTables e Sistemas de detección de intrusos.
  • Coñecementos de Apache e servidores web Linux.
  • Python/Perl.
  • Experiencia en programación e scripting en GNU/Linux.
  • Nivel alto de comunicación en Inglés.
  • Capacidade de traballo en equipo.

Outros requisitos desexados son:

  • Coñecementos de PXE e outros .
  • Experto na integración de sistemas en rede.
  • Coñecementos de LVS e clustering.
  • ...

 Ofrecen:

  • Traballar nunha compañía fortemente involucrada na comunidade de software libre.
  • Estrutura plana, sen xerarquías baseada nun modo de organización por asemblea.
  • Contorno de traballo profesional e agradable.
  • Ademais doutros beneficios adicionais como:
    • Lugar de traballo en oficinas propias.
    • Horario de traballo flexible.
    • Ata 15 horas á semana de teletraballo.
    • Clases gratuítas de inglés 3 horas á semana.
    • Seguro médico privado.
    • Subsidio para servizo de gardería para empregados con fillos menores de 3 anos.
    • Sesións de fisioterapia preventiva.

Todos aquelas persoas interesadas deben enviar o seu CV e expediente académico a Igalia antes do 16 de outubro de 2009. Para coñecer todos os detalles recoméndase consultar a oferta completa na súa web.

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas