Os vindeiros días 26, 27 e 28 de marzo terá lugar a undécima edición da Xuventude Galicia Net, que logo do cambio de localización para o evento coincidente co seu décimo aniversario, este ano regresa ao Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Nos últimos anos esta party converteuse nunha plataforma para dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos, e por suposto, para a potenciar o software libre. A novidade deste ano é que os habituais obradoiros que se imparten durante os tres días do evento, están abertos á participación do público en xeral. Son obradoiros gratuítos, nos que poderán participar todas as persoas que estean interesadas en asistir, e non só os usuarios inscritos do evento. O único requisito necesario é apuntarse previamente a través do apartado 'Obradoiros' da páxina web do XGN11.
Entre todos os obradoiros dispoñibles hai numerosos sobre software libre. Como podemos ler na web do GLUG, gran parte deles serán impartidos por membros desta asociación, aínda que tamén haberá participación doutras asociacións como GALPon e empresas como Openhost, segundo se ve no programa dos obradoiros. A oferta de obradoiros de software libre é a seguinte:
Fonte: Xuventude Galicia Net e GLUG