RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Obradoiro sobre como converter os datos do Catastro en mapas para o OpenStreetMap

Publicado por Mancomún
Venres, 4 de Maio de 2012

Logo de xeoinquedosHoxe, 4 de maio, a partires das 16:00 horas na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, a asociación Xeoinquedos impartirá un obradoiro sobre como empregar a ferramenta cat2osm para a partir da información cartográfica descargable dende a sede do Catastro convertela en ficheiros .osm que posteriormente poden subirse ao proxecto OpenStreetMap. O obxectivo perseguido é introducir toda a información posible dentro deste proxecto.

cat2osm é unha ferramenta, desenvolvida por Ander Pijoan de DeustoTech Energy e distribuída con licenza libre.

A finalidade do obradoiro é o achegamento aos participantes aos procesos de importación da información mediante cat2osm. Explicarase dun xeito práctico todo o proceso, dende a descarga dos datos da web do Catastro, para o que é preciso dispor ou ben do e-DNI ou ben dun certificado emitido pola FNMT, ata a creación do ficheiro .osm co que poder traballar.

Dende Xeoinquedos informan que disporán de equipos preparados con máquinas virtuais (GISVM) co contorno preciso para poder seguir axeitadamente o obradoiro.

A actividade é de carácter gratuíto, mais como o aforo está limitado a 22 persoas é preciso inscribirse para garantir que é posible seguir o obradoiro.

Aínda quedan prazas, así que todo o que estea interesado nesta interesante iniciativa non ten máis que cubrir o formulario de inscrición no blog dos Xeoinquedos .

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas