RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

O navegador Chromium e o S.O. ChromeOS 100% traducidos ao galego

Publicado por Mancomún
Luns, 27 de Decembro de 2010

Unha vez máis temos que felicitar ao equipo galego de tradución de Ubuntu por un novo fito na súa extraordinaria labor por achegar o noso idioma ás novas tecnoloxías da man do software libre e de fontes abertas.

Se durante este ano xa fomos informando do seu bo facer e dos niveis aos que estaban alzando ao idioma galego, sendo o último dos seus méritos a publicación do Manual Comezar con Ubuntu en galego, hoxe pode lerse na web de Trasno, que en tan só 10 días foron quen de rematar a tradución ao galego do navegador Chromium e o sistema operativo ChromeOS, os proxectos de código aberto detrás do navegador e o sistema operativo Chrome de Google respectivamente. 

Felicitación dos desenvolvedores ao equipo galego A rapidez de resposta do equipo galego dende que o día 9 de decembro fose anunciada a apertura das traducións destes aplicativos ao través da plataforma «Launchpad» de Ubuntu, constituíndo o Launchpad Galician Translators e poñéndose mans á obra ata concluíren o traballo o día 19 de decembro, fixo que mesmo fosen felicitados publicamente polos responsables do proxecto por seren uns dos primeiros idiomas en ter traducidos ao 100% todos os ficheiros, xunto co Chinés e o Euskara.

Salientar que o galego partía en situación de desvantaxe fronte a outros idiomas, xa que a maioría (dos actualmente rexistrados) xa tiñan o navegador traducido, co que só lles restaba traducir o 40,25% do total.

Estatísticas de tradución do navegados Chromium e SO ChromeOSFonte: Trasno

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas