RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

O galego xa é oficial para Joomla 1.5.11

Publicado por Mar
Venres, 5 de Xuño de 2009

JoomlaAvísanos Damufo dun gran fito acadado na tradución do Joomla. Por fin é posíbel escoller o idioma galego durante a súa instalación.

Segundo nos conta, dende que saíra a versión 1.5.0 isto non era posíbel e, logo de case dous anos de esforzo e traballo para conseguilo, o obxectivo acadouse por fin con esta versión 1.5.11.

Así agora xa podemos dicir que Joomla está completamente traducido ao galego e ademais recoñecido como unha tradución acreditada de Joomla. Os paquetes de instalación en galego están dispoñíbeis en JoomlaCode.

Parabéns a Damufo polos seus esforzos de coordinación e tamén á xente de Ciberirmandade.org e do Proxecto Trasno que colaboraron dende os comezos na súa tradución.

Joomla! é un galardoado sistema de xestión de contidos que permite construír facilmente sitios web e potentes aplicativos en liña.

Esta tradución, ademais do fito conseguido, representa a continuación dun traballo continuo levado a cabo por voluntarios galegos e do que xa fomos dando conta nesta páxina.

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas