RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

O fundador do proxecto Ubuntu fai un chamamento á sincronización na liberación das distros GNU/Li

Publicado por Mancomún
Xoves, 15 de Maio de 2008

Un calendario de liberación común beneficiaría tanto a usuarios como a distribuidores

Mark Shuttleworth, presidente de Canonical e fundador do proxecto Ubuntu, vén de pedir ao resto de desenvolvedores de GNU/Linux sincronizar a liberación das futuras versións das súas distribucións

 

Do mesmo xeito, Shuttleworth comprometeuse a entregar a vindeira versión LTS (Long Term Support), a 10.04, en abril de 2010. Esta data estaría condicionada ao feito de que Red Hat, Novell e Debian decidisen cooperar nun lanzamento sincronizado nunha data diferente.

 

O presidente apuntou no seu blog que un calendario de lanzamentos conxuntos beneficiaría tanto a usuarios como a distribuidores.

Segundo explica, “Se dous ou tres de Red Hat (RHEL), Novell (SLES) e Debian están dispostos a acordar por adiantado unha data conxunta máis próxima e, polo tanto, con versións sincronizadas de Kernel, ferramentas de compilación, Gnome e KDE, X e OpenOffice, e cun período de seis meses e entre 2 e 3 anos para a LTS, daquela eu reaxustarei o calendario de Ubuntu”.

As primeiras reaccións xa chegaron por parte da comunidade de Debian, a cal mostrou inicialmente o seu interese favorable pola idea.

Fonte: The register  

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas