A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza varios obradoiros durante este mes sobre aplicacións libres.
Así no Concello de Bueu terá lugar un curso de Iniciación á informática con Linux, cunha duración de 12 horas repartidas dende o 15 até o 26 de setembro os martes e xoves de 11:00 a 13:00 horas.
No Concello de Riotorto desenvolverase o obradoiro Suite ofimática: OpenOffice.org. Ao longo de 13 horas achegará aos participantes as ferramentas máis importantes e útiles do paquete ofimático OpenOffice .org (folla de cálculo, procesador de textos e presentación de diapositivas. Terá lugar dende o 8 até o 26 de setembro os luns, mércores e venres de 9:30 a 11:00.
Finalmente na Fundación Cel Iniciativas por Lugo terán lugar dous obradoiros do 22 ao 25 de setembro de 6 horas de duración cada un: