Dende GALPon nos informan que continúan co seu plan de formación para as ANPA no curso 2009/10 en colaboración con FANPA PONTEVEDRA.
Nesta ocasión, coa colaboración das ANPA de Vilagarcía organízase un novo curso de software libre e estándares abertos.
O curso terá lugar o vindeiro 15 de maio de 2010, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no Centro Sociocultural San Roque (grupo San Roque, ao pé da rotonda das Carolinas).
Os contidos a impartir son os seguintes:
O curso está limitado a un grupo de 10 persoas. As prazas cubriranse por orde rigoroso de inscrición. É posible anotarse por correo-e ou por teléfono, adquirindo o compromiso de asistir ou de anular a asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.
Fonte: GALPon