Fai uns días publicouse unha nova versión do programa de mensaxería Pidgin. A última versión dispoñible é a 2.1.1 e atópase totalmente traducida ao galego polo equipo de Mancomun.org.
De todos xeitos, pode que a tradución conteña algún erro, polo que agradeceriamos que nos notifiquedes os mesmos na páxina de "Problemas detectados na tradución actual" do Pidgin pertencente ao Wiki de Mancomun.org.
Recordar que Pidgin é o software que anteriormente se chamaba "Gaim"; pero desde a versión 2.0.0 mudou o nome debido a que a titularidade da marca AIM pertence a AOL Time Warner, e ao non ser Copyleft existen problemas de compatibilidade coas licenzas libres. Polo mesmo motivo, a biblioteca asociada libgaim pasou a chamarse libpurple, e pidgin-text pasou a chamarse Finch...
No noso Wiki, tamén podedes atopar o manual de uso do Gaim/Pidgin en galego baseados na obra "Gaim - Ferramentas da Internet - Cadernos de formación Tecnolóxica" de Toni Hermoso Pulido (autor orixinal da obra), Edit Lin (editorial) e a Regidoria Ciutat del Coneixement de l'Ajuntament de Barcelona (responsable do proxecto).
A lista completa de cambios pódese atopar na seguinte ligazón:
http://www.pidgin.im/ChangeLog
Máis información no Wiki de Mancomun.org e na páxina oficial de Pidgin .