O equipo de desenvolvemento da distribución galega GALPon MiniNo vén de anunciar que, tras moitas horas de traballo, poden presentar a nova versión beta desta distribución dirixida, fundamentalmente, a computadores con poucos recursos.
Entre as novidades que presenta destacan o seu aspecto anovado así como moitas melloras e novas utilidades, sempre co fin de ofrecer un bo produto para equipos antigos, que doutro xeito poderían acabar no lixo, por non contar con recursos de abondo para executar outros sistemas operativos modernos e pesados. Ademais destas novidades, hai que resaltar o especial coidado na localización de todos os aplicativos incluídos nela, xa que nesta ocasión, segundo datos facilitados polo equipo de desenvolvemento, o grao de tradución ao galego é do 100% practicamente, estando ademais tamén dispoñible en español e inglés.
O equipo de desenvolvemento fai un chamamento especial a documentadores ou aficionados a facer titoriais ou videotitoriais, para axudarlles a actualizar as páxinas da axuda de GALPon MiniNo. Por suposto, tamén anima a todos os interesados en instalar esta versión Beta a achegarlles as súas impresións, suxestións, dúbidas, problemas, ... á lista de correo de MiniNo en Google Groups, o que contribuirá a mellorar aínda máis este produto.
A nova versión beta de GALPon MiniNo está dispoñible para a súa descarga dende a web, nas seguintes ligazóns:
Novidades destacadas de GALPon MiniNo:
Fonte: GALPon