RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

MeLiSA presentará o Software Libre no IES de Arzúa

Publicado por Mancomún
Xoves, 17 de Decembro de 2009

MeLiSADende a web da asociación Melisa de Melide, informan que este venres levarán a cabo unha exposición sobre o software libre no I.E.S. de Arzúa:

O vindeiro venres, día 18 de decembro, a nosa Asociación levará a cabo unha actividade de presentación do Software Libre ante ós alumnos do ciclo superior de Administración e Finanzas.

O presidente de MeLiSA, Rafael Rodríguez, será o encargado de presentarlle ós alumnos do ciclo as vantaxes do uso do Software Libre tanto a nivel persoal como dentro dos centros educativos. O evento dará comezo ás nove da mañá e rematará ás dez e media.

Como colectivo que loita pola difusión da alternativa que supón o uso de programas abertos e libres, consideramos prioritario o coñecemento destas ferramentas por parte do alumnado que nalgún momento terá que integrarse no mercado laboral, onde predomina o uso de ferramentas privativas.

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas