RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Liberada ferramenta para a busca do posible significado dunha marca nas linguas oficias da UE

Publicado por Mancomún
Mércores, 16 de Xuño de 2010

A Oficina da Unión Europea de Harmonización do Mercado Interior (OHMI),a axencia responsable do rexistro de marcas e deseños en Europa, publicou baixo licenza EUPL o prototipo dunha ferramenta para comprobar se o nome dunha solicitude de marca ten significado nalgunha das 23 linguas oficiais da UE.

A ferramenta, nomeada Langcheck, compara o nome dunha marca presentada coas «Causas de denegación absoluta» do artigo 7 do Regulamento da UE sobre rexistro de marcas. Na actualidade, esta verificación realízase coa axuda dun equipo de lingüistas.

 

Captura do funcionamento de langcheck Un destes motivos de denegación é que unha marca non poderá rexistrarse na UE se describe exclusivamente características incluíndo o tipo, calidade ou cantidade de produtos ou servizos que intenta protexer. E ese principio debe ser respectado en calquera dos 23 idiomas oficiais da UE. "Isto significa que temos que saber o que unha palabra dada ou denominación podería significar nalgunha destas linguas", explica un dos desenvolvedores da OHMI, Francisco Alvarez, na súa introdución a Langcheck.

A primeira versión alfa da ferramenta xa é capaz de comparar os termos con dicionarios de dezaseis linguas. Álvarez espera que Langcheck atraia a atención doutros especialistas en software de rexistro de marcas. "Acolleremos con especial interese aos contribuíntes que poidan axudar á mellora dos ficheiros dos dicionarios en todas as linguas da UE."

Langcheck constrúese por riba de Compass e Lucene, motores de procura de código aberto, empregando maioritariamente a linguaxe de programación Java. Langcheck escrito en Grails, un dialecto de Java orientado ao desenvolvemento rápido de aplicacións baseadas en web.

Fonte:OSOR

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas