RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

IV Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

Publicado por Mancomún
Martes, 11 de Maio de 2010

Cartel da IV xornada de SwL no FP Caixanova

Un ano máis, OUSLI volve organizar, e xa por cuarta vez, a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Terá lugar o vindeiro venres 14 de maio de 8:30 a 15:00 horas no centro de FP Caixanova de Ourense situado en Finca Sevilla Nº2, ao lado de Expourense.

A xornada está aberta ao público. Ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. 

O programa das xornadas é o seguinte:

  • 8:30-9:30 - Técnicas antispam con SpamAssasin.  Poñente: Jose Ramón Méndez Reboredo, fundador de OUSLI.
  • 9:30-10:10 - Mirror de OUSLI: mirror.ousli.org Poñente: David Martínez Carballo, CEO de Openhost e fundador de OUSLI.
  • 10:10-11:00 - Achegamento ao Software Libre  Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX e Presidente de AGASOL.
  • 11:30-12:20 - Licenzas e Modelos de negocio.  Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX e Presidente de AGASOL .
  • 12:40-13:50 - Taller: "Creación de Live CDs automatizadas". Poñente: Fran Diéguez, membro de GLUG e da OSL-USC.
  • 13:50-15:00 - Taller: "Introdución a AJAX con PHP". Poñente: Cesar Osorio, da USC

Esta xornada é organizada por OUSLI coa colaboración do Centro de FP Caixanova de Ourense, de Openhost , TEGNIX, a OSL-USC e AGASOL.

Conta co patrocinio da Xunta de Galicia dentro do plan de acción en materia FLOSS para o ano 2010.

Fonte: OUSLI

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas