
Os próximos días 26 e 27 de maio terán lugar na Cámara de Comercio de Lugo as IV Xornadas de OpenERP 2011 organizadas desta volta pola empresa galega Pexego, da que recentemente vos informamos que viña de acadar o nivel 2 da certificación CMMI.
OpenERP é un completo sistema de xestión de empresas/organizacións (ERP) de licenza libre que cobre as necesidades das áreas de contabilidade, vendas, compras, almacén, inventario, proxectos, CRM, recursos humanos, TPV, tendas virtuais...
Como pode comprobarse nos datos recollidos no Catálogo de produtos e servizos TIC das empresas FLOSS galegas, Pexego é a única empresa de AGASOL que ofrece servizos sobre este ERP e dende Febreiro deste ano é Partner oficial de OpenERP. Pexego conta cun destacado grupo de programadores adicados actualmente á implantación e parametrización de ERPs en empresas e institucións baseándose fundamentalmente en OpenERP como sistema máis apropiado para estes fins, e contribúe activamente ao seu desenvolvemento coa publicación de novos módulos para dito aplicativo.
As Xornadas de OpenERP teñen como obxectivo ofrecer a oportunidade aos diversos axentes de xuntarse para intercambiar experiencias e debater acerca dos usos e desenvolvementos que sexan requiridos para achegar máis a funcionalidade e experiencia ás necesidades de ámbito estatal e os seus obxectivos son diversos:
En definitiva, compartir, difundir e mellorar a contorna de desenvolvemento rápido de aplicacións e xestión integral (OpenObject/OpenERP) baseado nunha tecnoloxía moderna e libre que nos permita avanzar de forma colaborativa no uso do TIC na nosa sociedade.Esta é a cuarta edición do foro de encontro para a localización española de OpenERP despois das realizadas en maio de 2010 en Bilbao, en abril do 2009 en Vilanova e en maio de 2008 en Zaragoza.
O programa completo das IV xornadas, suxeito a posibles cambios, é:
Xoves 26
Venres 27
11:30 – 12:00 – Experiencias de implantación. Contadas por empresas que implantaron ou están a implantar OpenERP
O sábado 28 realizarase un “sprint” para o impulso de todos os temas relacionados coa localización e comunidade españolas nas oficinas de Pexego. Agradecemos por anticipado a asistencia a esta xornada a todos aqueles dispostos a achegar coas súas ideas e traballo. O aforo para a participación neste sprint é limitado polo que debedes solicitar a vosa praza enviando un correo a jornadasopenerp@pexego.es
A asistencia ás xornadas é gratuíta previa inscrición empregando o formulario habilitado ao efecto para permitir determinar o aforo de salas, así como para notificar aos asistentes ante calquera cambio de programa ou incidencia mediante o correo electrónico.