Dende a OSL da USC infórmannos que logo dun mes e medio de duro traballo veñen de rematar a revisión da localización da vindeira versión do contorno de escritorio GNOME 2.30.0, que sairá o 31 de marzo.
Este traballo consistiu na tradución das novas cadeas do núcleo deste contorno de escritorio así como na completa revisión das máis de 45.000 cadeas que o compoñen, en base aos consensos que a comunidade de localización galega leva acordado no último ano e medio.
Complementariamente a este traballo publican un informe, que xa enviaron á lista oficial do proxecto de localización de GNOME ao galego, no que describen o proceso seguido, así como os cambios que fixeron de cara a obter unha homoxeneidade na tradución.
Se ben a calidade da tradución de GNOME 2.30 era xa dun nivel medio-alto, xa que nos últimos anos contratouse a súa tradución e/ou revisión a empresas e profesionais lingüistas que colaboraron estreitamente coa comunidade de voluntarios, tamén é certo que debido ao volume de cadeas novas en cada versión, a evolución dos acordos estilísticos e terminolóxicos da comunidade galega de tradución, os prazos curtos para completar a tradución das novas versións ... existían certas inconsistencias e erros herdados que motivaron á OSL da USC a realizar esta exhaustiva revisión, que abordaron en 3 pasos:
Algúns do erros máis importantes que atoparon e subsanaron foron:
Dende a OSL da USC informan que continuarán a colaborar na tradución das novas cadeas e modificacións das xa existentes que se produzan antes do inminente lanzamento desta nova versión de GNOME.
Fonte: OSL da USC