Dende a OSL da USC infórmannos que completaron a revisión da localización do navegador Firefox 3.6 que irá incluído como navegador predeterminado na vindeira Ubuntu LTS 10.04.
Esta revisión únese ao excelente traballo realizado na revisión e tradución do GNOME 2.30 e complementarase cunha estreita colaboración cos membros do grupo de localización de Ubuntu para obter unha tradución de calidade e o máis completa posible da nova versión de Ubuntu.
Estas actividades responden a que a vindeira Ubuntu é unha versión estable no tempo e cun período de mantemento longo (LTS). Isto confírelle unhas características que lles permite ás empresas e institucións que precisan dun contorno eficaz, probado e robusto decidirse pola súa implantación.
Debido a importancia que ten o navegador Firefox, a Oficina dentro do seu tempo e capacidades, decidiu comprobar o estado da tradución da versión 3.6 e realizou un informe sobre o traballo realizado para adaptar a tradución para a versión de Ubuntu que implanta na universidade. A OSL xa enviou este informe á lista oficial do proxecto de localización ao galego dos aplicativos de Mozilla.
A OSL da USC abordou o procedo de revisión en 3 pasos:
Os criterios terminolóxico e estilísticos veñen definidos pola guía de localización publicada por Mancomún e consensuada coa comunidade galega de tradución. Algúns do erros que atoparon e subsanaron foron:
Homoxeinización da tradución de:
Homexeinización de termos aínda sen consensuar coa comunidade:
E algúns outros aspectos de estilo que se poden consultar no informe completo elaborado pola OSL.
Dende a OSL queren deixar constancia do gran traballo realizado pola comunidade galega de tradución de Mozilla e do seu coordinador ao manter o estado da localización ao 100% e ofrecer o principal navegador de software libre completamente en galego.
Fonte: OSL da USC