Logo do éxito do pasado ano, a Comisión de Normalización Lingüística da ETSE da USC organiza en abril o II ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre, conxuntamente coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización Lingüística. Esta actividade persegue a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo así varios obxectivos recollidos tanto Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.
Grazas a esta iniciativa, por segundo ano consecutivo, tanto estudantes como docentes, PDI ou PAS da USC terán a oportunidade de traballaren a prol da galeguización dunha serie de aplicacións informáticas de software libre que se utilizan na Escola. Os obxectivos do ETSE Open de SL son:
Xa está aberta a preinscrición e hai dispoñibles 30 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O curso ten un custe de 10 euros. En caso de ter unha demanda superior ao número de prazas dispoñibles, farase unha escolma segundo os seguintes criterios de preferencia:
A iniciativa consta de dúas actividades relacionadas:
Os interesados poden consultar o programa completo da actividade.
Avaliación, recoñecementos e premios
A USC emitirá a todas aquelas persoas que participen nas sesións presenciais do “ETSE Open de SL” un diploma de asistencia á actividade no que figurará o número de horas correspondentes (15 horas). Para todos os que queiran optar ao recoñecemento de 1 crédito de libre configuración para todas as titulacións e tamén crédito pola adquisición de competencias transversais en todos os graos deberán adicar 15 horas de traballo persoal para completar e mellorar a tradución da aplicación encomendada, de ser o caso. As persoas que opten por realizar este traballo deberán entregalo, como data límite, o día 15 de maio.
Haberá tamén un premio «Máis e mellor» para aquel equipo que sexa quen de traducir máis cantidade de cadeas e coa maior calidade. Entregarase un diploma acreditativo e unha dotación económica de 0,08 euros por palabra única traducida correcta. O premio farase público no mes de maio de 2010.
Fonte: OSL da USC