O Máster en Software Libre organizado por Igalia celebrará durante o mes de setembro próximo unhas Xornadas de portas abertas nas que se tratarán temas de diversas áreas relacionadas co Software Libre.
Estas xornadas servirán de colofón á presente edición do Máster e como benvida á V edición do Máster en Software Libre pois un dos obxectivos destas xornadas, ademais de complementar a formación recibida nos módulos do Máster é que sirvan como un punto de encontro de antigos e novos alumnos e como foro de intercambio para profesionais do sector e simpatizantes do mundo do software libre.
Así do 9 ao 24 de setembro de 2011 expertos en diversas áreas e afiliacións participarán en sesións de carácter técnico con formato estilo workshop así como sesións de debates en torno a mesas redondas. Trataranse temas tan diversos como a propiedade intelectual e as patentes, o proxecto gvSIG e a migración a SwL na Comunidade Valenciana, ou historia e modelos de negocio de diferentes empresas, entre outros.
A axenda provisional das distintas sesións é a seguinte:
Venres 9, de 16.00 a 21.00
Sábado 10, de 9.00 a 14.00
Venres 16, de 16.00 a 21.00
Sábado 17, de 9.00 a 14.00
Venres 23, de 16.00 a 21.00
Sábado 24, de 9.00 a 14.00
Desde Igalia e en nome dos organizadores do máster, tanto aquí como na Universidad Rey Juan Carlos, convídannos a asistir e agardan que as xornadas sexan do agrado dos asistentes.
O lugar de celebracións das distintas sesións será o edificio da Obra Social de Caixanova, na rúa Policarpo Sanz número 24-26 de Vigo, grazas á colaboración de Novacaixagalicia quen cede as súas instalación para a realización das actividades complementarias do máster.
A entrada é totalmente libre e gratuíta, e agradecen que os interesados se inscriban previamente para calcular o aforo. Para isto é suficiente con escribir un correo electrónico a mswl @ igalia . com indicando o día ao que se quere asistir ou cubrindo o formulario habilitado ao efecto.