Onte tivo lugar a presentación do iFreeTablet, é un computador de baixo custe con pantalla táctil, que ademais de ter as características de outros proxectos similares como OLPC, Classmate, Apple Tablet, Google Tablet, etc., é tamén unha ferramenta de uso educativo, profesional e lúdico, apta para calquera persoa e deseñado para ser empregado por persoas en situación de dependencia (infancia, anciáns, persoas en risco de exclusión ou con diversidade funcional ...)
Segundo recolle o dossier de prensa do produto, este permitirá dispor de forma accesible de Internet, Ofimática, Centro Multimedia e Control de dispositivos domóticos.
Trátase dun proxecto humanitario sen ánimo de lucro do grupo de investigación EATCO da Universidad de Córdoba, a Fundación Red Especial España (FREE) e a Asociación de Entidades de Tecnología de Apoyo para la Autonomía Personal (AETAP) en colaboración coas empresas de base tecnolóxica CPMTI S.L. y CIMA S.L. (Centro de Innovación Multimedia y Animación).
Segundo os desenvolvedores, trátase do primeiro proxecto de computación a nivel mundial 100% software libre que inclúe o desenvolvemento dos seguintes sistemas:
Hardware do iFreeTablet
PC con pantalla táctil de 10,2 polgadas cunha resolución de 1024x600 pixels e un procesador Intel AtomMobile N270 de 1.6G. Conta cunhas dimensións de 28 x 18 cm e 0,24 cm de groso e un peso de 1,03 kg e unha autonomía de 2,5 horas de batería. Inclúe os seguintes compoñentes:
Software do iFreeTablet
O sistema operativo incluído é SieSTA (Sistema Integrado de e-Servicios y Tecnologías de Apoyo), unha adaptación de Debian GNU/Linux baseada no Escritorio de Concepto e na plataforma Web IPTV Municipal, proxectos financiados polo Plan Avanza do MITyC, a Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa , a Consejería de Educación da Junta de Andalucía e o IMSERSO. SIeSTA é o resultado de máis de 25 anos de investigación de alumnos, profesores e técnicos do grupo EATCO da UCO e 5 anos de colaboración cos integrantes do proxecto UTUTO.
O deseño da interfaz web está baseado na definición de menús por categorías representadas por botóns de colores, de forma que só estean activos 6 como máximo á vez, para mellorar a acessibilidade e a usabilidade da mesma.
Conta con aplicacións Multimedia (Video-club, TV, música fotos, radio), Xogos e TV interactiva.
Ademais inclúe tamén unha serie de cursos multimedia interactivos, entre os que destacan os cursos para a Acreditación Europea de Manexo do Computador (ECDL) en software libre: S.O. Guadalinex, Open Office, Navegador e Correo electrónico Mozilla ..., desenvolvidos por FREE, homologados pola ATI e a Universidad de Córdoba con licenza Creative Commons.
A diferencia da tablet de Apple, cun prezo estimado de saída ao redor dos 900€, a iFreeTablet rondará os 300-400 € e o software que incorpora poderá evolucionar coas achegas da comunidade de desenvolvedores de software libre.
Os creadores deste trebello agardan ter unha gran demanda, polo que habilitaron xa na súa web a posibilidade de realizar a reserva do mesmo para subministralo baixo estrita orde de petición.
Fonte: Cibersur