O vindeiro día 11 de maio terá lugar na sede de Madrid on Rails en Vicálvaro unha xornada demostrativa de produtos dalgunhas das empresas máis representativas do sector, denominada DemoLibre ASOLIF: I xornada ASOLIF demostrativa de produtos e servizos baseados en Software Libre, organizada por ASOLIF coa colaboración de SoliMadrid , Madrid on Rails e o Concello de Madrid a través do proxecto A Catedral das Novas Tecnoloxías
Os asistentes poderán coñecer algúns dos principais produtos que comercializan empresas do sector do Software Libre, ademais das actividades que se están realizando desde a Federación e as Asociacións rexionais que forman parte de ASOLIF, onde por suposto estará presente AGASOL da man do seu presidente Jorge Vázquez.
Ademais Roberto Brenlla da empresa galega Tegnix, fará a presentación do proxecto Centro de Referencia en Formación ASOLIF (C.R.F. ASOLIF) como director técnico do proxecto xunto con Antonio Roncero da Aula Técnica de Andalucía como Responsable de Plataforma e Paul Brown de Linux Media como Coordinador de Contidos.
O programa contará coas seguintes exposicións e demostracións de 10:00 a 20:00, cunha duración de 30 minutos cada unha, cunha parada para o xantar entre 14:30 e 16:00 horas
(Xantar)
Ademais os asistentes contarán coa posibilidade de interactuar directamente cos representantes das empresas para coñecer dun modo máis detallado as particularidades do produto que lles interese. Para iso, DemoLibre ademais da demostración pública, ofrece a posibilidade de participar nunha reunión máis reducida con membros da empresa que mostra o produto.
V Encontro ASOLIF de Empresas de Software Libre
Ademais o día 12 de maio ASOLIF celebra o V Encontro ASOLIF de Empresas de Software Libre, tamén na sede de Madrid on Rails en Vicálvaro, no que participarán ao redor de 50 empresas de toda España pertencentes a ASOLIF así como ao redor de 15 entidades convidadas.
Trátase dunha xornada de traballo de carácter interno que a federación celebra semestralmente cos seguintes obxectivos:
Fonte: ASOLIF