RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Holanda debatirá no parlamento a adopción de ODF como estándar para a administración pública

Publicado por Mancomún
Martes, 11 de Decembro de 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/odflogo.pngO parlamento holandés debatirá o mércores 12 de decembro a conveniencia de adoptar o estándar aberto ODF como formato para intercambio de documentos na administración dos Países Baixos. A proposta a debater forma parte dun plan global para incrementar a innovación, garantir a información e  reducir custos.

O goberno holandés ve na interoperabilidade a clave para levar a cabo unha eficiente política de sociedade da información. A pesar da presión de importantes compañías de software propietario o goberno afirmou que o acordo non exclúe a ninguén e que permitirá aforrar 8,45 millóns de euros nos tres próximos anos. 

Fonte: MacWorld

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas