RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Formación oficial en administración de sistemas operativos Linux LPIC

Publicado por Mancomún
Xoves, 23 de Setembro de 2010

Centro de novas tecnoloxías de Galicia

Como xa informamos no mes de Agosto, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) fixo público o seu plan formativo para o vindeiro curso. LPI ATP Entre a súa oferta en tecnoloxías FLOSS para o último trimestre do ano hai dous cursos sobre administración de sistemas operativos LINUX a través dos que se poderán optar as certificacións LPIC de nivel 1 e 2. Os cursos son gratuítos e inclúen tamén de xeito gratuíto a posibilidade de realizar un dos dous exames oficiais necesarios para obter a certificación correspondente. As prazas son limitadas.

Tegnix Aqueles interesados en recibir esta formación que non consigan a súa praza, ou non poidan desprazarse ata Santiago para seguir estes cursos no CNTG, teñen a opción de realizar os cursos de certificación LPIC ofrecidos por TEGNIX, empresa formadora LPI ATP, acrónimo de “Linux Professional Institute Approved Training Partner”, é dicir, socios formadores da entidade certificadora profesional de GNU/Linux LPI.

Cursos ofrecidos polo CNTG

  • Administración de sistemas operativos Linux - Certificación LPIC 1. 

Curso dirixido a profesionais que desexen iniciarse na administración de sistemas operativos Linux, no que adquirirán os coñecementos precisos para administrar calquera das distribucións dos sistemas operativos Linux e as súas ferramentas asociadas: traballar coa liña de comandos de Linux, realizar tarefas de mantemento (agregar e asistir aos usuarios e usuarias, apoiar e restaurar información), instalar e configurar unha estación de traballo (incluíndo interface gráfica) e conectala a unha LAN ou a Internet.

O curso ten unha duración de 80 horas e impartirase entre o 25/10/2010 e o 19/11/2010 de luns a venres de 9:30h a 13:45h nas instalacións do CNTG.

  • Administración de sistemas operativos Linux - Certificación LPIC 2.

Curso dirixido a usuarios e usuarias de sistemas Linux que desexen adquirir coñecementos avanzados na administración e mantemento habitual de servidores Linux de alcance corporativo, así como a configuración e posta en funcionamento de servizos como email, web, VPN, etc. Para un máximo aproveitamento do curso, é recomendable que os asistentes dispoñan de coñecementos medios e experiencia no manexo de sistemas operativos Linux a un nivel equivalente aos adquiridos mediante o curso de "Administración de Linux - Certificación LPI Nivel 1".

O curso ten unha duración de 80 horas e impartirase entre o 25/10/2010 e o 19/11/2010 de luns a venres de 16:30h a 20:30h nas instalacións do CNTG.

Para cada un dos cursos hai dispoñibles un total de 15 prazas sendo preciso realizar inscrición previa e unha proba de coñecementos da que se seleccionarán os admitidos. O prazo de inscrición remata o día 30 de setembro de 2010 e as probas, segundo a información publicada na web do CNTG serán:

  • LPIC1 (Primeiro letra do 1º apelido comece estea no intervalo A-L) : 06/10/10 ás 10:00
  • LPIC1 ( Primeiro letra do 1º apelido comece estea no intervalo M-Z) : 06/10/10 ás 11:00
  • LPIC2 : 06/10/10 ás 16:30

Cursos ofrecidos por TEGNIX

TEGNIX anunciou recentemente na súa web que abrían o prazo de inscrición para os seus cursos en modalidade presencial que se impartirán nas instalacións da empresa sitas na Rúa Uruguai de Vigo, a cinco minutos da estación de tren.

Ambos cursos teñen unha duración de 60 horas distribuídas do seguinte xeito:

  • LPIC 1 (ficha do curso), dende o dia 1 de outubro 2010 os venres de 16:30 a 20:45.

  • LPIC 2 (ficha do curso), dende o dia 2 de outubro 2010 os sábados de 09:45 a 14:00.

As prazas tamén son limitadas e farase unha proba de coñecementos previos para formar grupos homoxéneos. O prezo dos cursos non inclúe o custo dos exames oficiais necesarios para conseguir a certificación pero ao tratarse dun centro LPI ATP si é posible realizar os exames oficiais nas propias instalacións do centro.

Fontes:

CNTG

TEGNIX

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas