RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Firefox gaña 30 millóns de usuarios en dous meses

Publicado por Mancomún
Martes, 10 de Novembro de 2009

O navegador Firefox incrementou o seu número de usuarios en 30 millóns nos últimos 2 meses. O dato foi proporcionado por John Lilly, executivo de Mozilla, a través dunha mensaxe na rede social Twitter e máis tarde confirmado por Tristan Nitot, presidente de Mozilla Europa, nunhas declaracións a ZDNet: “Observamos un aumento significativo no número de usuarios de Firefox”.

Desta maneira o explorador de Mozilla recorta distancias co seu gran competidor, Internet Explorer, que aínda segue conservando o 65% da cota de mercado.

En termos globais, Firefox aumentou o seu número de usuarios gradualmente desde a súa saída mentres que o navegador de Microsoft, Internet Explorer, viu como a súa cota de mercado sempre foi diminuíndo en favor do navegador de Mozilla...

Fonte:
http://web.cenatic.es/

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas