Fai uns días informábamos dende Mancomun.org que o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) convocaba eleccións para establecer unha nova xunta directiva.
Este proceso comezou o 5 de novembro deste ano coa convocatoria das eleccións, admitindo candidaturas ata o 19 de novembro. A campaña tivo lugar dende o 20 de novembro ata o 3 de decembro, que foi o día no que se coñeceu definitivamente a xunta directiva de GPUL. Finalmente a xunta directiva anterior revalidou a súa posición xa que os socios do GPUL volveron a depositar a súa confianza e continuaran no seu posto outra lexislatura máis.
A xunta directiva do GPUL, segundo publicaron na súa páxina web, queda composta por: