A semana pasada, logo dunha longa fase de probas e correccións de erros que levou a que se publicaran ata 5 versións candidatas, por fin está dispoñible oficialmente o OpenOffice.org 3.2. Como xa informamos nas anteriores versións de probas, é posible descargalo en galego dende as seguintes ligazóns:
| OpenOffice.org 3.2 en galego |
|---|
Ou nesta ligazón para buscar a descarga para outros sistemas operativos ou idiomas.
Entre as melloras que incorpora esta nova versión, destacan, en xeral, a mellora nos tempos de arranque, ata un 46% máis rápido que na versión 3.0 e o esforzo por mellorar a interoperabilidade dos formatos e adaptarse e ser o máis fieis posible ao estándar ODF. Neste sentido tamén é salientable o esforzo realizado para mellorar o recoñecemento e compatibilidade cos formatos propietarios de MsOffice XML, sobre todo no relativo a formatos protexidos con contrasinal e a documentos cifrados.
En canto ás melloras de cada un dos aplicativos individuais que conforman esta suite, destacan as seguintes:
Calquera comentario, suxestión, erros que atopedes na tradución ... podedes achegalos a través da rolda de coordinación oficial da tradución ao galego de OpenOffice.org.
Fonte: OpenOffice.org