PostgreSQL acaba de anunciar recentemente o lanzamento de PostgreSQL 8.4. Segundo o Grupo Global de Desenvolvemento de PostgreSQL, esta é a versión máis sinxela de usar ata o momento.
Este sistema xestor de bases de datos relacionais orientado a obxectos, atópase liberado baixo unha licenza BSD e, despois de 16 meses de desenvolvemento, presenta 293 características novas ou melloradas.
As características máis relevantes desta nova versión son:
Permisos de usuario por columna.
Novas ferramentas de monitorización de consultas para administradores.
Capacidade de colación por base de datos, útil en contornos multilingües.
Reduciuse a carga de VACUUM grazas ao Visibility Map.
pg-migrator permite actualizacións dende PostgreSQL 8.3 cun tempo de parada mínimo.
Aumenta a velocidade de recuperación de copias de seguridade ata oito veces, grazas ao sistema de recuperación en paralelo.
Melloras en procedementos almacenados, por exemplo permite empregar valores por omisión na declaración de parámetros ou listas de argumentos de longo variábel, coma e C++ ou Java.
Esta nova versión de PostgreSQL tamén engade compatibilidade para algunhas características avanzadas do estándar ANSI SQL2003 que permiten mellorar a fluidez da linguaxe SQL e deste xeito permitir a realización de consultas que en versión anteriores no serían posíbeis, coma por exemplo as consultas recursivas, expresións comúns para táboas, etc.