Este venres 20 de maio celebrarase un curso de introdución a Openlayers, tecnoloxía para o desenvolvemento de visores de mapas na web con tecnoloxías JavaScript. O curso é de carácter gratuíto na ETS Enxeñeiros de Caminos, Canales e Portos a partir de las 16:00.
O curso está organizado polo grupo Xeoinquedos, que xorde en Galicia a raíz dun movemento de ámbito estatal denominado Geoinquietos que trata de aglutinar a nivel local a todas as persoas interesadas na temática xeomática, SIG. Esta actividade está incluída dentro das reunións que o grupo organiza habitualmente para compartir coñecementos, experiencias e un rato agradable.
O obxectivo do curso é realizar unha pequena introdución á creación dun visor de mapas web utilizando o estándar de facto: OpenLayers.O seminario terá un enfoque informal e práctico sendo moi benvida a participación por parte dos asistentes.
Os docentes serán Gracia Fernández López e Xurxo Méndez Pérez, que forman parte do equipo de GIS do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC e conta coa colaboración de Cartolab, que recentemente foi convidado a ser membro de honra da Asociación gvSIG, organismo que ten como obxectivo a sustentabilidade do proxecto gvSIG e o desenvolvemento da Xeomática Libre.
O temario do seminario é o seguinte:
Requisitos: coñecementos básicos en programación e en sistemas de información xeográfica. Será preciso que os asistentes leven un equipo cun servidor web configurado e instalado para a realización do curso.
O curso é gratuíto e os interesados só precisan inscribirse cubrindo o formulario de inscrición.