O Golfiño, motor de corrección gramatical para o procesador de textos do OpenOffice.org, acaba de recibir diversas correccións para arranxar os problemas detectados coas últimas versións de OpenOffice.org e Java.
Os problemas exactos eran que o Golfiño non funcionaba coa rama 1.6 de Java JRE nin con OpenOffice.org 2.3 ou superior, debido a cambios na versión de Java. A única opción que había até o de agora era seguir usando a versión 2.2 do OpenOffice.org xunto coa versión 1.5.* de Java.
Os novos paquetes de instalación do Golfiño están dispoñibles desde a Forxa de Mancomún no seguinte enderezo:
https://forxa.mancomun.org/projects/golfinho/
Os ficheiros de descarga son os seguintes:
| README |
| |
| Linux |
|
|
| -DEB |
|
|
| -Código fonte de glfcore | 1,41 MB | |
| Windows |
|
|
| -EXE | 6,9 MB |
Instrucións de instalación premendo en "Ler máis"...
Páxina para descargar o código fonte de Freeling:
http://garraf.epsevg.upc.es/freeling/
[NOTA] Golfiño non é compatible coa versión 2.0 de Freeling
Páxina de descargas libdb4.6:
http://www.oracle.com/technology/software/products/berkeley-db/index.html
[NOTA] LibDB é unha librería presente na maioría dos repositorios das distribucións GNU/Linux
Documento técnico sobre a arquitectura do Golfiño:
http://wiki.mancomun.org/images/Arquitectura.pdf
O Golfiño foi presentado o 29 de xuño do ano pasado polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, xunto coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, converténdose no primeiro corrector gramatical do estado.
Outros recursos lingüísticos en galego para o OpenOffice.org son o corrector ortográfico dispoñible desde a páxina de Mancomún:
Corrector ortográfico 2.1
Máis información do Golfiño dispoñible no Wiki de Mancomún.