Os vindeiros días 1 e 2 de decembro terá lugar en Badajoz a Conferencia Internacional Software Libre e Administracións Públicas co lema “Cara unha Europa máis eficiente”.
A conferencia está promovida polo proxecto europeo OSEPA (Open Source Software Usage by European Public Administrations) e organizada por FUNDECYT (Fundación para el desarrollo de la ciencia y la tecnología en Extremadura).
O interese polo software libre nas administracións públicas responde á flexibilidade que facilita, á independencia tecnolóxica e á optimización de recursos públicos. Todo isto supón maior sustentabilidade no tempo. O uso do software libre é unha tendencia emerxente nas administracións públicas europeas, consolidándose o seu uso debido aos beneficios estratéxicos que supón.
A organización traballar para que o congreso sexa unha referencia no ámbito do software libre e as administracións públicas.
Para asistir á exposición das experiencias internacionais programadas, só é preciso cubrir o formulario habilitado. A inscrición é gratuíta e aberta a calquera, habendo un aforo máximo de 100 persoas.
O programa completo é o seguinte:
Día 1 de decembro
10:00 Apertura:
10:40 Conferencia Inagural: Extremadura en la Sociedad de la Información.
11:50 O sistema da Administración Dixital en Extremadura
12:20 Presentación de experiencias de migración a Software Libre en Administracións Locais
14:30 Espacio aberto, presentación iniciativas. Consorcio OSEPA
15:30 Transferencia de Tecnoloxía e Cooperación Internacional, D. Antonio Recio, Fundecyt
Día 2 de decembro
10:00 Instrumentos para o desenvolvemento de Software Libre para e por a Administración
11:50 Sesión Maxistral: "Free Software Foundation Europe" e a Administración Pública, D. Karsten Gerloff
12:50 Clausura
13:15 Lectura oficial do Manifiesto da Conferencia
Fonte: OSEPA