RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Compilacións de probas de Fennec para Linux e capturas de pantalla da versión en galego

Publicado por fjrial
Luns, 22 de Xuño de 2009

Desde hai tempo que existen as compilacións de Fennec (o Firefox para dispositivos móbiles) para as plataformas Windows Mobile e Maemo. Recentemente, en Mozilla, comezaron a publicar compilacións para computadores persoais tamén. As compilacións pódense usar para comprobar a funcionalidade dos complementos e as localizacións coas últimas versións de código.

A continuación podedes atopar unha serie de capturas de pantalla da versión de Fennec traducida ao galego e coordinada por Mancomún:

Inicio Fennec Galego

 

Se queredes, podedes descargar estas versións desde as seguintes ligazóns:

Versión oficial en inglés:
http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mobile-trunk/

Versión traducida ao galego para Maemo e computadores con Linux
http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mobile-trunk-l10n/

Para aquela xente que o probe no seu PC, dicir que o punteiro do rato non é visíbel na xanela do Fennec xa que está pensado para dispositivos táctiles. Se queredes que se visualice o cursor, teredes que escribir na barra de enderezos “about:config”, buscar o parámetro “browser.ui.cursor” e cambialo a “true”.

Capturas de pantalla

Inicio:
inicio fennec

 

Separadores en Fennec:
separadores en fennec

 

Marcadores en Fennec:
marcadores en fennec

 

Fennec navegando:
fennec mancomun

 

Descargas en Fennec:
descargas en fennec

 

Buscadores en Fennec:
buscadores en fennec

 

Complementos de Fennec:
complementos de fennec

 

Configuración de Fennec:
configuración de fennec

 

Se atopades calquera erro na tradución, como sempre, non teredes máis que notificárnolo a través do foro xeral de localización dos nosos foros.

 

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas